Coa realización deste proxecto perséguese a a construción dunha redede colectores de saneamento para augas fecais (rede separativa) no núcleo da Igrexa composta por tubos de PVC de diámetro ø=315mm unidos mediante pozos de rexistro situados a unha distancia menor de 50 metros. A rede de colectores proxectada conducirá as augas residuais para ser tratadas na nova E.D.A.R. proxectada constituída por un sistema de desbaste de finos automático e un reactor compacto con tratamento primario e secundario (lodos activos de baixa carga)descritos no anexo correspondente